viernes, 22 de octubre de 2010

Premio Príncipe de Asturias.

Premio príncipe de Asturias:  Os Premios Príncipe de Asturias, creados en 1981, e convocados pola Fundación Príncipe de Asturias, entréganse anualmente en Oviedo, capital do Principado de Asturias, e constitúen un evento académico de primeira orde en España, non sólo pola categoría dos premiados se non pola composición dos xurados.




Categorías e premiados 2010:

  • Ciencias Sociais: "Equipo arqueolóxico dos Guerreiros do Xian"Considerado un dos descubrementos arqueolóxicos máis importantes do siglo XX, o xacemento dos guerreiros de terracota, tamén coñecidos como Guerreros de Xi’an, é unha fonte de información de extraordinaria riqueza sobre a civilización china.


  • Deportes: "Seleción española de fútbol"O triunfo da Selección na Copa do Mundo tras vencer no Campionato de Europa converteuse nun dos fitos do deporte español a nivel internacional. A súa exemplar forma de entender o fútbol, baseado na deportividade, o xogo limpo e o compañeirismo logrou reunir millóns de persoas en torno a un equipo que fixo historia.

  • Concordia: "Mans unidas": Ao longo de 50 anos, Mans Unidas desenvolveu un importante labor humanitario e social, de acción contra a fame e o subdesenvolvemento, e favoreceu o acceso á educación e á sanidade millóns de persoas en todo o mundo, mellorando con iso as súas condicións de vida.
  • Letras: "Amin Maalouf": A súa obra, traducida a máis de 20 idiomas,  sitúao como un dos escritores contemporáneos que máis profundizou na cultura mediterránea, representada como un espacio simbólico de convivencia e tolerancia.
  • Artes: "Richard Serra": considerado un dlos escultores máis relevantes da vanguardia da segunda metade do siglo XX pola súa innovadora visión ao integrar os espacios urbanos a través dunha obra que invita á reflexión.
  • Comunicación e humanidades: "Alain Touraine e Zygmunt Bauman"Considerados dois dos máximos expoñentes do pensamento europeo actual, analizaron as profundas transformacións das estructuras sociais contemporáneas e desenrolaron conceptos clave para a comprensión de cuestións fundamentais do noso tempo.
  • Investigación científica e técnica:  "Os científicos que lideran no mundo a investigación da loita contra a dor": Considerados pola comunidade científica como referentes mundiais da Neurobioloxía sensorial, David JuliusBaruch Minke e LindaWatkins descubriron, dende aproximacións complementarias, as causas e mecanismos polos que se produce e percibe a dor, así como outras sensacións como o frío, a calor ou o gusto. Os descubrimentos destes científicos abren novas e esperanzadoras vías ao deseño racional de terapias e medicamentos específicos para o tratamento selectivo dos diferentes tipos de dor, un dos grandes retos da medicina de todos os tempos.
  • Cooperación internacional: "the Transplantation Society e a organización Nacional de Transplantes"Ambas as dúas institucións destacan polo seu determinante labor no establecemento dos principios médicos e éticos que rexen os procesos clínicos e a investigación científica relacionada cos transplantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario