- Cita as áreas que abarca a I.A.
- Os sistemas expertos.
- A demostración automática de teoremas.
- O recoñecemento de voz e dos patróns.
- O procesamento da linguaxe natural.
- A visión artificial.
- A robótica.
- As redes neuronais.
- Usos e aplicación do recoñecemento automático de voz.
- Ditado automático: é o uso máis común das tecnoloxías de recoñecemento de voz. Nalgúns casos, como o dictado de recetas médicas e diagnósticos ou o ditado de textos legales, úsanse corpus especiais para incrementar a precisión do sistema.
- Control por comandos: deseñados para dar ordes a un computador. Recoñecen un vocabulario moi reducido, o que incrementa o seu rendemento.
- Telefonía: permiten aos usuarios executar comandos mediante fala, en lugar de pulsar tons. En moitos casos pídeselle ao usuario que diga un número para navegar un menú.
- Sistemas portátiles: Teñen unhas restrincións moi concretas de tamaño e forma, así que a fala é unha solución natural para introducir datos nestes dispositivos.
- Sistemas deseñados para discapacitados: poden ser útiles para persoas con problemas auditivos, que poden usalos para obter texto escrito a partir da fala; ou con discapacidades que lles impiden teclear con fluidez.
- Funcionamento das redes neuronais artificiais, indicando as diferencias respecto aos sistemas expertos.
As redes neuronais operan sobre a base de recoñecemento de patróns e poden adquirir, almacenar e utilizar un coñecemento experimental, obtido a partir de exemplos. Esta forma de adquirir o coñecemento é unha das súas características moi destacables: non se programa de forma directa, como nos sistemas expertos, se non que se adquire a partir de exemplos, por axuste de parámetros das neuronas mediante un algoritmo de aprendizaxe.
As redes neuronais aseméllanse aos sistemas expertos en canto ao obxetivo de representar o coñecemento pero son radicalmente opostos en como aspiran a conseguilo. Como vemos, os sistemas expertos acercaríanse máis ao razonamento deductivo -obter regras- e as redes neuronais ao inductivo -aprendizaxe mediante exemplos. Ambos modelos son perfectamente compatibles, de forma que se poden integrar nun único sistema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario