miércoles, 9 de febrero de 2011

Tema 2: Hardware

De cada un dos 3 puntos do tema, tes que facer 1 entrada no teu blogue, que deben contar o seguinte contido:


7. 
DISPOSITIVOS DE ENTRADA E SAÍDA.
 
  • Dispositivos de entrada.

-Rato: permite transmitir información ao ordenador de dous modos.
-Teclado: permite introducir información ao ordenador.
-Lectores de códigos de barras: Dispositivos capaz de 
ler e interpretar unha secuencia de barras para identificar un produto eobter información acerca do.
-Escáner: permite introducir información 
dende documentos en papel.
-Joystick: introduce non ordenador vos 
movementos efectuados sobre a súa placa e algunhas ordes mediante a pulsación dalgún botón. (utilizado en xogos)
-Tabletas 
dixitalizadoras: utilízanse para realizar debuxos e gráficos con gran precisión.
-Lectores de bandas magnéticas: capaces de 
ler a información gravada en bandas magnéticas.
-Pantallas táctiles: ofrecen a posibilidade de introducir información con só situar o dedo na súa superficie.
-Tablet PC: serve para introducir datos de forma semellante a como se fai nunha PDA.

-Cámaras dixitais: permiten introducir fotos e vídeos ao ordenador para que poidan ser editados.
-micrófono: permite, co software específico de recoñecemento de voz, ditar o contido dun documento ou dar ordes a un ordenador.
  • Dispositivos de saída. 
Monitores:

-Monitores convencionais (CRT): o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo cara á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte interior da pantalla, a ilumina, formándose as imaxes. As imaxes están constituídas por pixeis.
-Pantallas planas de cristal líquido (
LCD): utilizan millóns de celas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.
-Pantallas planas (
TFT): constituída por unha matriz de millóns de puntos; cada un é un transistor que actúa de forma independente, coa súa cor, brillo, ton... e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.
-Monitores de plasma: trátase de monitores planos baseados na utilización dun gas (plasma) que, en cada un dos pixeis, adquire a cor, brillo... necesarios para formar unha imaxe.

Impresoras:


Permiten obter a información imprimida en distintos soportes físicos: papel, transparencia...
A súa calidade mídese en 
ppp (puntos por polgada) ou dpi.
A súa velocidade mídese en 
cps (carácteres por segundo) ou ppm (páxinas por minuto)
Clasifícanse en:
-Impresoras de margarida ou matriciais: (en desuso) baseaban a impresión no golpeo sobre unha fita impregnada de tinta que, ao tomar contacto co papel, marcaba nel a información.
-Impresoras térmicas: basea o seu funcionamento na tinguidura do papel mediante un proceso térmico; adoitan ser impresoras de cor e con alto custo.
-Impresoras láser: son bastante rápida e permiten obter resultados de alta calidade.
-Impresoras de chorro de tinta: impresoras de cor que obteñen a impresión pola inxección de tinta líquida a 
través de cabezais.

Plotter:
Utilízase nas aplicacións de deseño asistido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos, mapas, deseños industriais... cunha excelente calidade.
Está constituído por un brazo robótico, en cuxo extremo se encontra unha plumiña: consegue figuras (círculos, curvas...) de gran calidade e pode utilizar papel de grandes dimensións.

Microfilme COM (Computer Output in Microfilm)
Utilízase habitualmente en bancos e bibliotecas, xa que permite almacenar información nun espazo moi reducido.
As páxinas son fotografadas mediante unha cámara especial que posteriormente son agrupadas en fichas. Para poder ler a información dunha ficha necesítase un lector de microfichas, que proxecta unha imaxe ampliada dela nunha pantalla.   

  • Frecuencia e resolución dun monitor.
-Frecuencia: Indica o número de veces que mostra as imaxes nunha segundo; un valor baixo de frecuencia supoñerá que a imaxe vibre e que a vista teña que esforzarse máis do habitual.

-Resolución: Depende do número de puntos (pixeis), que se obtén do número de liñas (filas)  polo número de pixeis de cada unha delas (columnas),ademais, o número de corres tamén inclúe na calidade da imaxe. Os dous parámetros anteriores obrigan a que tanto a tarxeta de vídeo coma o monitor sexan compatibles porque, pola contra, a imaxe non se vería ou sairía deforme.

A resolución dun monitor indícase utilizando seguinte nomenclatura: 1024 * 768, que ten de interpretarse como 1024 columnas e 768 filas; nese caso, a imaxe terá 786432 pixeis.
Para que 
unha imaxe se mostre cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que dean a información de cada pixel. Para saber cantos pixeis se necesítan para cada número de cor hai unha fórmula: o número de corres é igual a dous elevado ao número de bits necesarios por pixeis.



Nº de cores   =   Bits necesarios por píxel.
2                                                    1
4                            =                         2
16                          =                         4
256                                                8
65536                                         16
16,7 millóns         
=                         24
4295 millóns       
=                         32

  • Video sobre os dispositivos de entrada e de saída:


8. DISPOSITIVOS DE ALMACENAMENTO.
  • Discos magnéticos.
Gardan a información en superficies (discos) de natureza magnética. Antes de poder utilizar un disco magnético, este ha de ser preparado (formatado) para que poida recibir a información; esta operación divide o disco en pistas e sectores nos que se almacenará a información.
Utilizábase para transportar información dun ordenador a outro. Os máis utilizados eran os denominados discos de 3 1/2, aínda que existían outros como os discos ZIP e os Superdisk LS-x.
O representante máis importante destes discos é o disco duro, xa que adoita estar dentro do ordenador. Son frecuentes tamén os discos duros extraíbles e os os discos duros externos.
Os discos duros están formados por un conxunto de discos amoreados cin un eixe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que poidan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
A información almacénase en cada unha das superficies magnéticas dun disco: o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro, que, aumenta, sendo habitual falar de discos duros de 200, 400 ou 500 GB, e mesmo de 1 TB.
Dependendo da tecnoloxía utilizada para a transferencia de datos, os discos duros máis utilizados son Discos IDE; esta tecnoloxía permite conectar ata catro discos con capacidades de Gigabytes. Dentro deste tipo hai que falar de subtipos que se diferencian, sobre todo, na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA-100, Serial-ATA.
Disco ópticos.
Poden almacenar unha cantidade moi grande de información cun custo relativamente baixo. Utilizan a tecnoloxía óptica (láser).
*CD-ROM: A información só pode ser lida, polo que se utiliza para almacenar información que non teña que ser modificada.
Ten unha gran capacidade e a información gravada nel pode ser de distinta natureza (son, vídeos, fotografías...)
A información dun CD-ROM está almacenada nunha soa cara.
Para ser lido nun ordenador, este ten que dispoñer dunha unidade lectora de CD-ROM.



*CD grabables e discos regrabables:
Poderase gravar a información desexada de forma permanente, que só poderá lerse e nunca ser modificada. Identifícaselles coas siglas CD 
R. Hai outros discos que poden ser gravados varias veces, borrando en cada gravación a información que existira con antelación; estes identifícanse coas siglas CD RW. *DVD-ROM: fisicamente son semellantes ás CD-ROMS, pero teñen unha capacidade moito maior, conseguida aumentando a densidade de escritura; aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.
O seu láser é distinto ao do CD-ROM, polo que a maioría dos fabricantes incorporan, nas súas unidades lectoras de 
DVD, un segundo láser que permite a lectura de CD-ROM. *DVD grabables e regrabables: Ofrecen a posibilidade de gravar e regravar información neles. Hai varios formatos: + DVD-R: permiten unha soa gravación e puden ser dunha capa (4.7GB) ou de dobre capa (8.5 GB). + DVD-RW: permiten ser gravado varias veces e tamén poden ser dunha capa ou dobre capa. + DVD+R: dun só uso, máis compatibles respecto a DVD-ROM eDVD-vídeo convencionais. + DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD-RW pero coa compatibilidade dos DVD+R; e pode ser dunha capa simple ou dobre capa.
*HD 
DVD e Blue-Ray: Capacidade de almacenamento bastante grande para almacenar vídeos de alta definición e datos.
Características do blue-Ray:  
É un formato de disco óptico para vídeo de alta definición e almacenamento de datos de alta densidade. As súas capacidades de almacenamento chegan actualmente aos 25 GB os dunha capa e 50GB a dobre capa. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser.
+ Características máis importantes:



*Capacidade:
-Un disco 
Blu-ray dunha soa capa pode conter uns 25 GB ou preto de 6 horas de video de alta definición mais audio.
- Un disco 
Blu-ray de dobre capa pode conter aproximadamente 50GB. *Formatos:
BD-ROM: Disco de só lectura.
BD-R: Formato gravable de simple capa e BD-R DL o mesmo pero en dobre capa
BD-RE: Formato regravable de simple capa e BD-RE DL o mesmo pero en dobre capa. *Velocidade de transferencia de datos:
- A velocidade de transferencia de datos oscila entre 36 
Mbps e 54Mbps (para BD-ROM), pero xa están a desenvolver prototipos con velocidades de transferencia 2 x (o dobre, 72 Mbit/S).
Discos mágneto-ópticos.
Utilizan unha tecnoloxía mixta: magnética e óptica. Permiten almacenar unha gran cantidade de información mediante a técnica óptica, pero ademais os datos poden ser modificados e borrados grazas á tecnoloxía magnética.



A súa superficie está constituída por unha aliaxe de metal cristalino sobre unha superficie de aluminio.
Para gravar ou modificar a información, o láser quenta unha pequena porción de superficie da aliaxe cristalina, liberando aos cristais o suficiente para permitirlles o movemento. O campo magnético é capaz de orientalos para que cambien a súa posición e poder así representar os díxitos (1 e 0) correspondentes á nova información.
Para ler a información, a orientación dos cristais fai que o raio de luz se reflicta ou non na dirección determinada para que sexa detectada por un sensor e poida converterse en información dixital (ou e 1).


Dispositivos de almacenamento baseado na memoria flash.
Utilizadas para almacenar os datos da BIOS do ordenador. Non só son dispositivos informáticos, senón que se estendeu a súa utilización a outros dispositivos electrónicos como as cámaras fotográficas ou de vídeo dixitais. No caso dos dispositivos informáticos, adoitan conectarse a un porto USB, dende o cal obteñen a enerxía eléctrica suficiente para o seu funcionamento. As súas características máis importantes son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que subministre enerxía á memoria para manter a gravación. A vida dunha memoria flash non é indefinida.
Funcionamento: Está constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga de información. Non é unha memoria RAM, posto que neste caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.
A causa de que non sexa perpetua está, sobre todo, no desgaste que sofre cada cela ao gravar e borrar a súa información. O borrado de información realízase cunha subministración elevada de corrente eléctrica, polo que resulta un proceso lento.
9. DISPOSITIVOS DA COMUNICACIÓN. REDES.
  • Redes locais.
Unha rede interna, rede local ou LAN é un conxunto de ordenadores conectados entre si, coa finalidade de compartir recursos e información. Todos os ordenadores están conectados fisicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre se realiza a través da tarxeta de rede. Ademais é necesario que todos os ordenadores dispoñan dun software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede. O protocolo máis utilizado era Ethrenet, aínda que cada vez é máis frecuente utilizar TCP/IP, adquirindo deste modo características análogas ás de internet. Ás redes que utilizan este protocolo denomínallas intranets.
Nun intranet cada ordenador identifícase cunha dirección IP que ten que estar dentro duns trazos específicos, xa que deste modo se garante que non poida estar accesible dende internet.
  • Topoloxía dunha rede.
Unha rede local pode instalarse de varias maneiras distintas, e cada unha vén determinada polas características como o tipo de cableado, a velocidade de transferencia e a seguridade que poderá ter.
  • *Rede en anel.
Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se el é o destinatario; se non fose así, deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente. Trátase dunha rede bastante estable e cunha taxa alta de transferencia de información.
  • *Rede en estrela.  
Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico. Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas redes utilízanse cables de tipo UTP. Os dispositivos que se poden empregar para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela son:
         -HUB:  a este dispositivo chegan todos os cables dunha rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de patente entre todos eles; cando un ordenador envía información, o concentrador reenvía a todos, para que o destinatario a tome e o resto a desbote.
          -SWITCH:  actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, senón só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.
  • Cableado dunha rede local.
Hai distintos tipos de cableado para crear unha rede local:
  • *Cableado coaxial.
Trátase dun cable que está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta económico e pode alcanzar velocidade de transmisión media; a conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
  • *Cableado UTP.
Este cable está constituído por catro pares de fíos dentro dunha mesma camisa; cada par de fíos está trenzados para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Este tipo de clable, que resulta económico e permite alcanzar unha boa velocidade de comunicación, necesita conectores RJ-45.
  • *Cableado de fibra óptica.
A fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estes cables constan de dous fíos de fibra de vidro protexido por fibras de Kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu custo económico é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan os conectores ST de fibra óptica.
  • Redes inarámicas.
Tamén denominadas WiFi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos se transmiten polo aire; deste modo, conséguese gran liberdade movementos.
As tecnoloxías inarámicas encóntranse en continua investigación, e baséanse tanto en ondas de raio coma en microondas para transmitir a información. A velocidade de transmisión é baixa e varía segundo os protocolos utilizados, que van evolucionando ata velocidades algo máis altas; as distancias que alcanzan tamén van aumentando grazas a sistemas con novos protocolos.
  • Redes externas. Internet.
É un conxunto de ordenadores conectados entre si cuxa situación física pode estar en diferentes edificios, localidades e mesmo países; a este tipo de rede pertencería internet, aínda que, dada a súa amplitude, se lle considera xa como unha rede local.
Xa que non necesita cablear, necesítanse outra vía diferentes para a conexión. Entre elas, a máis frecuente segue sendo a utilización da rede telefónica, aínda que se están a realizar investigacións e avances noutras tecnoloxías como a conexión a través de rede eléctrica, a conexión vía satélite, a conexión inarámica...
  • Redes privadas virtuais.
Son un tipo de redes especiais, posto que utilizan a infraestrutura dunha rede externa (internet), pero agregan unha serie de medidas de seguridade entre os ordenadores conectados de modo que a súa comunicación poida chegar a ser privada.
  • Conexión a través dunha liña telefónica.
    *Módems.
Son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña telefónica convencional. A súa misión consiste en modular (converter) o sinal dixital do ordenador en analóxica (para ser enviada pola liña telefónica) e demodular o sinal analóxico recibido para convertela en sinal dixital.
Hai tempo, algúns modem eran externos, pero na actualidade son case todos internos, mesmo algúns ordenadores os teñen incorporados na placa base.
  • *Tarxetas RDSI.
Entre as súas vantaxes fronte ás liñas RTC destacan a velocidade de transmisión e o feito de que a información que viaxa por elas é dixital, non analóxica. Ademais, estas liñas dispoñen de varias canles, polo que a conexión a internet non impide que se poida realizar ou recibir chamadas telefónicas.
Posto que a información que viaxa nestas liñas é dixital, non é posible utilizar un modem convencional, senón que é necesario utilizar unha tarxeta de comunicación RDSI.
  • *Módems ADSL.
Permite o uso de fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade, e simultáneamente, para o uso normal da liña telefónica.
Permiten transferir datos a distintas velocidades, sendo maior a velocidade de recepción que a de envío.
Para poder realizar a conexión a través de 
ADSL, é necesario dispoñer dun modem especial denominado modem ADSL
  • *Router.
Permite unir ordenadores coma se fose un hub ou switch. Pero esta non é a súa única e principal función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para poñer en contacto dous ordenadores que se queren conectar, mesmo se estes están en distintas redes. Este último é o motivo polo que existen router ADSL que permiten realizar a conexión a internet a través da liña telefónica.
Encárgase de que a información que pase por el non sexa enviada a todos os ordenadores conectados, senón unicamente aos seus destinatarios, evitando deste modo que exista transferencia de información innecesaria pola rede, feito que podería chegar a colapsala.
un router tamén é capaz de comprobase se unha ruta funciona, e no caso contrario, encontrar outra alternativa; ademais, se hai varias rutas, o router elixirá a máis rápida.
  • Conexión a través de cable. 
Outra forma de conectarse a internet consiste en utilizar un cable, habitualmente coaxial; con este tipo de conexión conséguense altas taxas de transmisión. o inconveniente deste tipo de conexión é que necesita unha infraestrutura nova (cableado) que non en todas as zonas xeográficas está dispoñible. No caso do cable, a conexión non se establece directamente entre o usuario e o provedor, se non que se trata dunha conexión multipunto, na cal moitos usuario comparten o mesmo cable, motivo polo que diminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable, ademais de dispoñer de cobertura, é necesario un modem-cable.
Aínda que un modem-cable modula/demodular a información como un modem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede, posto que o modem-cable se conecta directamente cun Sistema de terminación Modem Cable pertencente á compañía e só con el poderá realizar a transferencia (envío e recepción) de información.
  • Conexión vía satélite.
É outra alternativa para acceder a internet; en realidade, trátase dunha conexión híbrida, posto que o usuario recibe información vía satélite pero a envía por un sistema terrestre. A filosofía é que o usuario aproveite a alta velocidade da conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que utilice calquera outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volume pequeno de información.
Está en desuso pola súa baixa velocidade fronte a outros sistemas cablear, e a súa utilización está a quedar reducida a lugares ou situacións onde por razóns xeográficas, illamento por catástrofes, insularidade, etc., non hai posibilidade de utilizar outro tipo de conexión.
  • Conexión por ondas radioelétricas.
Supón un abandono de conexión específico e unha liberación en canto á mobilidade. Coñéceselle coas siglas LMDS, que fan alusión á existencia de múltiples puntos (antenas) cos que os usuarios establecen comunicación mediante ondas radioeléctricas de alta frecuencia. Dependendo da frecuencia, alcánzanse diferentes taxas de transferencia de información e distintas distancias de operatividade.
Unha vantaxe desta conexión é que, ademais de ter unha velocidade de trasferencia alta, posibilita a mobilidade física do usuario, sen obrigalo a permaneces nun punto xeográfico concreto para realizar a conexión. Permite ofrecer conexión a internet en lugares aos que non pode chegar o cable.
  • Conexión móbil. 
Evolucionou para conseguir unha maior taxa de transferencia de información, de modo que poida ser utilizado non só para manter unha conversación telefónica, se non para conectarse a internet e consultar información, transferir arquivos, imaxes e vídeos, escoitar música, realizar videoconferencias, etc.
  • *GSM.
É un estándar internacional de comunicacións dixitais móbiles, que utiliza en concepto comunicación por circuítos. Nel, a voz convértese nun sinal dixital codificado e é transmitida ata un terminal encargado de descodificala; os enlaces establecidos para a comunicación mantéñense durante o tempo que dure esta, e non poden ser utilizados simultáneamente para establecer outra comunicación. A velocidade máxima de transmisión de datos que pode alcanzarse con GSM é de 9800 bps.
  • *GPRS.
Está baseado na conmutación de paquetes e non de circuítos. Con este sistema non é necesario dispoñer dunha canle exclusiva para cada usuario, xa que as canles poden ser compartidas.
A conexión realízase no momento no que o cliente o solicita; ademais, se o fluxo de transmisión é elevado, un mesmo usuario pode utilizar varias canles. A velocidade de transmisión que se pode alcanzar é de 115 kbps, polo que é posible transmitir voz e datos simultáneamente.
  • *UMTS.
Traballa cunha frecuencia moi alta, que posibilita unha taxa de transmisión de información de 2 Mbps. con esta alta taxa é posible transmitir voz e datos á vez, e mesmo sinal de TV e videoconferencia. A transmisión de información realízase por conmutación de paquetes. Unha característica particular dun sistema UMTS é que permite estar conectado á rede de forma permanente. A facturación non se realiza por tempo de conexión, senón por volume de datos transmitidos.
  • Vídeo sobre o tema: